Baile das Flores 2019 do C.C.R.D. Perlío

O Casino de Perlío comprácese en convidar a socios e veciños ao Baile das Flores 2019 que celebraremos o 25 de maio no noso local social.

Terá lugar no local social do C.C.R.D. de Perlío a partir das 22:00 horas. O baile comezará aproximadamente ás 23:00 horas. A velada estará animada polo grupo Los Zares.

O prezo para os socios será de 15 euros e para os non socios do Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo de Perlío será de 22 euros.

É imprescindible reservar praza antes do mércores 22 de maio xa que o aforo estará limitado a 70 persoas.

Reservas: c/San salvador 12, Perlio (Fene) – info@circuloperlio.es – 981.340.283

O menú da cea estará composto por salpicón de marisco, carrillera estofada con patacas, postre, pan e viño.

Os Premios

Como é tradicional neste baile haberá premios para aqueles participantes que leven o arranxo floral máis destacado tanto na categoría feminina como na masculina. Na categoría feminina premiarase este ano ás tres mellores coroas florais mentres que na categoría masculina haberá tres premios para os mellores botonier/prendidos máis destacados durante a velada. Valorarase a orixinalidade, creatividade e o encanto.

Os gañadores de ambas categorías levarán de premio cada un unha cea para 4 persoas no restaurante Mundial de Fene. Os segundos postos obterán cada un unha cea para dúas persoas no mesmo establecemento e os 2 terceiros postos obterán unha caixa de viño rioja.

 

Baile das Flores 2019 do C.C.R.D. Perlío