Concerto no C.C.R.D. Perlío: Polymorphics Band e Arrivederci

Grazas ao apoio do concello de Fene, o Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo de Perlío ten o pracer de convidar a socios e veciños a un evento pensado para a xente nova do municipio: un concerto dos grupos Polymorphics Band e Arrivederci.

Este evento terá lugar na nosa sede social da rúa San Salvador 12 de Perlío o 13 de abril a partir das 20:00 horas. A entrada é gratuíta.

Polymorphics Band é un grupo musical da zona de ferrolterra. Está formado por cinco músicos: dúas guitarras, un baixo, percusión e a voz principal. O seu estilo musical é pop-rock e inclusive pasando polo funk.

Arrivederci é un trío pontés de rapazas de voces harmoniosas e moi ben fusionadas. Ofrécennos temas en acústico, con piano, e incluso con guitarra é as veces con violín.

E aínda que vai máis enfocado á xente xove a música é para todos. Os temas son coñecidos entre todos os públicos.

Durante o evento venderanse rifas para o gran sorteo de camisetas conmemorativas e barrís de cervexa (para os maiores de idade) do final do concerto.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A Música ergue paixóns.

A Música é enerxía.

A música vivifica o corpo, relaxa a mente.

A música é emoción, alegría.

A Música nos invita a relacionarnos entre nós.

Forma parte dos placeres máis fermosos de vida.

Proba disto foi o Concerto do Sábado, 13 de Abril.

Dous grupos: Arrivederci e Polymorphis band.

Agradecemos de todo corazón que nos fixeran pasar dúas horas marabillosas, cheas de boa música, escollida con esmero, e dunha voz fermosa, doce e potente ao mesmo tempo, a voz de Elois.

Moitas grazas!!!