Coronavirus CODVID-19: comunicado a socios do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío

Debido á pandemia declarada pola OMS, a causa do coronavirus CODVID-19, e atendendo ás recomendacións do Ministerio de Sanidade e da Xunta de Galicia, en aras de protexer a saúde pública e a prevención dun posible contaxio no C. C. R.D. Perlío, a directiva da sociedade comunícalles que procedemos a suspender todas as actividades lúdicas e sociais, tanto de nenos como de adultos.

Esta suspensión afecta tamén á Asemblea Xeral Ordinaria prevista para o 15 de marzo de 2020. Co convencemento de que será unha decisión compartida por todos, agradecémoslles a súa colaboración.

Polo momento farémolo por un período de 15 días. A duración destas medidas poderá ser ampliada en función de como se desenvolvan os acontecementos.

Lamentamos profundamente as molestias que isto lles poida ocasionar, pero esperamos que estas medidas sexan eficaces para evitar no posible a propagación do virus.

Rogámoslles que permanezan atentos a próximos comunicados para estar convenientemente informados.

Agradecemos a súa colaboración.

  • A liña de teléfono especifica do 061 para coronavirus desde hoxe é 900.400.061
A %d blogueros les gusta esto: