Entroido 2019 no C.C.R.D. de Perlío, festas e cea

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) celebra o Entroido 2019 cunha cea carnavalesca para socios e veciños ademais de bailes de disfraces para nenos e adultos. A fin de semana de Entroido deste ano contará no noso local social con divertidas actuacións e novidades.

Cando os días comezan a ser máis longos

e o sol aínda baixo loce morno

falan que veu o entroido

alá, polos balados,

levando un disfrace e argallando

cancións para deleite dos veciños.

Din que se fixo famoso nas aldeas

contentando a nenos e maiores.

E comentan, que cando a néboa cae

polos outeiros

ven o entroido, cheo de cores e de maxia

invitando á troula

para espantar ao demo

e facernos libres de soñar.

 

Mariola Hermida Romero

Día 2 de marzo de 2019

Cea baile de Entroido de adultos no salón social da entidade

  • A partir das 21:30 horas do día 2 de marzo o local social do C.C.R.D. Perlío acolle a celebración da cea/baile anual de Entroido. Con cátering a cargo do restaurante Mundial gozaremos dunha abundante cea composta por sopa de cocido, lacón, tenreira fresca, costela, chourizo, cachola, touciño, patacas e grelos. De sobremesa haberá orellas e freixos. A cea será acompañada por viños rioja e mencia e tras a sobremesa servirase café e chupitos a todos os comensais.
  • O prezo para os socios é de 20 euros e para aqueles non socios que desexen asistir de 28 euros.
  • Para celebrar a cea necesítanse un mínimo de 30 persoas e é imprescindible apuntarse antes do 27 de febreiro para poder asistir. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de reserva.
  • Haberá premios para os mellores disfraces.
  • A amenización do baile de entroido 2019 estará a cargo de Dúo Sintonía.
  • Reservas:
    • Na sede social de San Salvador 12 Perlío (Fene)
    • No teléfono 981.340.283
    • No correo electrónico info@circuloperlio.es

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Entroido 2019 Círculo Cultural Recreativo y Deportivo Perlío

 

Día 3 de marzo de 2019, 17:00 horas a 20:00 horas

Baile infantil de Entroido no salón social da entidade

  • A festa de entroido infantil de 2019 estará dedicada á recadación de fondos para a renovación das pistas de tenis da sociedade. Os alumnos da escola de tenis e os socios do C.C.R.D. Perlío pagarán pola entrada 3 euros. Para o resto de participantes o prezo será de 5 euros.
  • Entre as actividades que se realizarán teremos concurso de disfraces e de baile, con moitos premios para os participantes, exhibición de grupos de competición, merenda de entroido e festa discoteca.
  • A escola de Tenis Justo al revés e Fusión Dance encárganse da organización.
  • Reservas:

 

Entroido Nenos 2019 Círculo Cultural Recreativo y Deportivo Perlío