Entroido 2020 no Casino de Perlío, festa, bailes e cea

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) celebra o Entroido 2020 cunha cea carnavalesca para socios e veciños ademais de bailes de disfraces para nenos e adultos. A fin de semana de Entroido deste ano contará no noso local social con divertidas actuacións e novidades.

Día 29 de febreiro de 2020

Cea baile de Entroido de adultos no salón social da entidade

  • A partir das 21:30 horas do día 29 de febrero o local social do C.C.R.D. Perlío acolle a celebración da cea/baile anual de Entroido. Gozaremos dunha abundante cea composta por cocido composto por lacón, cachola, chourizo, touciño, patacas e grelos. De sobremesa haberá orellas e freixós. A cea será acompañada por viño e pan.
  • O prezo para os socios é de 15 euros e para aqueles non socios que desexen asistir de 24 euros.
  • É imprescindible apuntarse antes do 26 de febreiro para poder asistir. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de reserva.
  • Haberá premios para os mellores disfraces.
  • A amenización do baile de entroido 2019 estará a cargo de Claudia.
  • Reservas:
    • Na sede social de San Salvador 12 Perlío (Fene)
    • No teléfono 981.340.283
    • No correo electrónico info@circuloperlio.es

Día 1 de marzo de 2020, 17:00 horas a 20:00 horas

Baile infantil de Entroido no salón social da entidade

  • A festa de entroido infantil de 2020 estará chea de disfraces, xogos, música e baile. O baile estará amenizado por Fiestoke.
  • Entrada gratuita para todos os nenos.
  • Todos os nenos que reserven praza para asistir terán un gran agasallo asegurado sen sorteos. reservas ata o xoves 27 de febreiro. Reservar: C/San Salvador 12, Perlío (Fene)  -Teléfono: 650.474.469 – info@circuloperlio.es

 

Entroido Nenos 2020 Círculo Cultural Recreativo y Deportivo PerlíoEntroido Adultos 2020 Círculo Cultural Recreativo y Deportivo Perlío

A %d blogueros les gusta esto: