XVII Festival de Panxoliñas Concello de Fene

O CMI Unidade de Fene acollerá o sábado 16 de decembro, a partir das 20 horas, o XVII Festival de Panxoliñas “Concello de Fene”.

Actuarán: a Rondalla Perla do Río, o Tradicoro, as corais Eterna Xuventude, Agarimo de Sillobre, CPS de San Valentín e O Pote, e a rondalla Estrelecer.