Gran Churrascada 2019 – Fin do verán no Casino de Perlío

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) convida a socios, amigos e veciños á gran churrascada que celebrará o 21 de setembro de 2019 a partir das 21:30 horas no local social.

Rógase a todos os que desexen participar neste evento que reserven previamente mesa antes do luns 16 de setembro vía as nosas formas de contacto que tamén serven se teñen algunha dúbida ou necesitan máis información.

Reservas

Correo electrónico: info@circuloperlio.es

Local social del C.C.R.D. de Perlío: C/San Salvador 12 – Perlío (Fene)

Teléfono: 609.830.534 – 981.340.283

O menú estará composto por churrasco, contramuslos de polo, patacas, pan e viño, con xeado de postre, e amenizado musicalmente polo grupo TiP’s y cools.

Precios: do mesmo xeito que o ano anterior os socios abonarán 6 euros e os non socios 10 euros.

Esperamos poder contar coa vosa presenza e agradecémosvos de antemán a vosa colaboración.

 

Póster Gran Churrascada 2019 - C.C.R.D. Perlío