I Festa do Caldo no C.C.R.D. Perlío

O C. C. R.D. de Perlío organiza o sábado 16 de febreiro ás 21:00 horas a I Festa do Caldo na sede social da rúa San Salvador 12 de Perlío (Fene).

O menú estará composto de caldo, costela, xamón, chourizo, pataca, pan, viño e xeado. A festa estará amenizada por Intervalo Show.

Para participar no evento os socios pagarán 4 euros e 8 euros os non socios.

¡É imprescindible reservar praza con anticipación (antes do 12 de febreiro)! Só dispoñemos dun número limitado de asentos. Poden reservar na sede social, no teléfono 981.340.283 ou no correo info@circuloperlio.es

 

ODA AO CALDO GALEGO

un prado
no prado unha casa
na casa unha estancia
na estancia unha lareira
na lareira un pote
no pote a auga que ferve
na auga que ferve o caldo
no caldo o arrecendo da berza
na berza a sustancia da auga
na auga a raíz do corpo

e na raíz do corpo
a sustancia
o arrecendo da berza
o caldo
a auga que ferve
no pote
na lareira
na estancia
dunha casa
nun prado

no prado once nacen
as patacas as berzas
os xermolos da vida
da raíz do corpo

Mariola Hermida.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.