II Festa do Caldo no Casino de Perlío

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) organiza o sábado 15 de febreiro ás 20:30 horas a II Festa do Caldo na sede social da rúa San Salvador 12 de Perlío (Fene).

A festa iniciarase cunha actuación pre cea de música galega en directo. O baile posterior a cea estará amenizada por Jorge Latino.

O menú estará composto de caldo, xamón cocido, patacas, pan, viño e xeado.

Para participar no evento os socios pagarán 5 euros e 10 euros os non socios.

Os asistentes con reserva entrarán en primeiro lugar e as prazas libres, de existir, cubriranse cos asistentes sen reserva.
Só dispoñemos dun número limitado de asentos.

Poden reservar na sede social, no teléfono 981.340.283 ou no correo info@circuloperlio.es ata o 12 de febreiro ás 14:00 horas.

 

Festa do caldo 2020