Letras Gallegas 2018 – C.C.R.D. Perlío

Eventos organizados con motivo da celebración das

Letras Gallegas 2018

Círculo Cultural Recreativo y Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío)

María Victoria Moreno Vázquez e a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018. Orixinaria de Estremadura chegou a Pontevedra no ano 63 e ela mesma confesaba que a súa relación con Galicia era unha historia de amor e unha opción pola súa lingua. Profesora por vocación, partícipe da vida cultural e política, centrou a súa obra narrativa principalmente nos cativos e nos mozos, o seu alumnado para quen tamén investigou na didáctica da lingua e da literatura galega.

XOVES 10 DE MAIO – As 20:00 horas

Recital a cargo de Mariola Hermida e o colectivo poético Moraima. Música de Eugenia Sanmartín.

VERNES 11 DE MAIO – As 21:00 horas

Representación da obra HTR (Hoxe toca rir), dirixida por Carlos Basoa. Teatro Semente

SÁBADO 12 DE MAIO – As 20:00 horas

Actuación das corales:
· Coral polifónica Frol Nova (Chapela, Redondela)
· Coral polifónica de Mera (Oleiros)
· Rondalla Perla do Río do CCRD

Ao finalizar as actuacións haberá pinchos e queimada