Letras Gallegas 2019 – C.C.R.D. Perlío

Eventos organizados con motivo da celebración das

Letras Gallegas 2019

Círculo Cultural Recreativo y Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío)

Entrada gratuíta a todas as actividades organizadas polo CCRD Perlío.

XOVES 9 DE MAIO – As 20:00 horas

Recital
• Colectivo literario Moraima: Andrès Rivera, Matilde Castro, Emilio Balado, Araceli Margareto, Enrique Rodriguez, Loreto de Castro, Miguel Costoya e Esther Val
• Nenos colexio Centieiras de Perlío:Manuel e Lorena
• Nenos colexio Jorge Juan de Perlío: Mirella e Alejandro
• Grupo de Cantareiras «Algarabía»
• Alumna do instituto IES Barallobre: Icìa Formoso

VERNES 10 DE MAIO – As 20:00 horas

Teatro
• O muiño do vento coa obra «O futuro»

SÁBADO 11 DE MAIO – As 20:00 horas

Actuación das corales:
• Coral Eterna Juventud (Fene)
• Rondalla Perla del Río (Perlío)

Ao finalizar as actuacións haberá pinchos para os asistentes.

 

Rematamos coas Letras Galegas 2019!

Este ano fomos os máis madrugadores das asociacións. De parte da nosa Directiva grazas a todos!!!

Tres días enchidos de Arte, Poesía, Teatro e Música.

Agradecer ao público en primeiro lugar, porque sen eles non existirían estes actos tan importantes.

Agradecer tamén ao Colectivo Literario Moraima que nos acompañaron e leron textos de Antón Fraguas. Tamén aos rapaces dos colexios Centieiras, Jorge Juan Perlío e o Instituto de Barallobre por recitar tan ben. E como non, Ás cantareiras Algarabía e as Cantareiras de Meirás por poñer a música ao final do evento. Disfrutamos moitísimo con elas. Un Xoves cheo de boas vibracións.

O venres tocoulle o turno ao Teatro. Moitas grazas á asociación Muiño do Vento que escenificaron a obra «o Futuro», unha comedia moi divertida. Á verdade e que gustou moito. Rímonos coa súa crítica á sociedade e metímonos nos papeis dos personaxes tan ben representados.

O sábado Música, coas corais Perla del Río e Eterna Xuventude, onde as sùas canciòns ben fermosas foron deleitàndonos dando paso ao Himno Galego para cantalo todos xuntos.

E para rematar, tivemos unhos pinchos para todos os asistentes e a xa tradicional Queimada, onde recitamos xuntos o Conxuro da Queimada.

Agradecidos a todos. Da gusto despois do traballo que todo saíra ben.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

«CONXURO da QUEIMADA»

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.

Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos,

tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello.

Pecadora língua de mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos

indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca

de cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella as do Inferno, e fuxirán as

bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de quemarse na

aguardente quedando así purificadas.

E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa

ialma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes

mais poder ca humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que

están fora, participen con nós desta Queimada.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Letras galegas 2019 CCRD Perlío Póster