Celebración do Magosto 2019 no Casino de Perlío

O sábado 9 de novembro de 2019, a partir das 21:00 horas, celebramos no Casino de Perlío (Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío) o Magosto deste ano.

A cea é aberta a todos os socios e veciños que queiran acudir. Hase de reservar antes do martes 5 de novembro para poder participar.

A cea estará composta por liscos, castañas e proia acompañados de pan e viño.

O prezo para os socios do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío será de 4 euros e 8 euros para os non socios.

Para amenizar a velada e o baile posterior contaremos coa actuación de Carlos Rey.

Reservas

Correo: info@circuloperlio.es
Teléfono: 981.340.283 / 609.830.534
Local social do C.C.R.D. Perlío: C/San Salvador 12, Perlío (Fene, La Coruña)

 

Celebración do Magosto 2019 no Casino de Perlío