O grupo de Teatro Pérez Parallé representa «A tenda do convento» no Casino de Perlío

O 15 de xuño, a partir das 20:00 horas, o grupo de Teatro Pérez Parallé representará a obra «A tenda do convento» no Casino de Perlío. Entrada gratuíta.

Este grupo de teatro foi creado a finais do ano 2010 e preséntase o 15 de outubro no Círculo Mercantil e Industrial de Fene coa obra «Estudantes buscan asistenta» baixo a dirección de Carlos Basoa.

Ao longo deste recorrido ata a data xa gañaron varios premios, un deles ao mellor espectáculo e o mellor actor José L.Acosta polo papel de “Chencho” na obra “Que facemos coa herdanza?”. Tamén no “XVII Certamen de Teatro Escolar y Aficionado Candilejas Don Bosco” concedéuselle o premio á mellor actriz Mari López ,sendo destacados tamén outros membros como Matilde Castro, José L. Acosta, Tatiana Méndez e Lucía Méndez.

En setembro do 2016 toma a dirección do grupo José Bonome estreando “Ulises” en Maio do ano seguinte no local da asociación.

A obra que veñen a representar “A tenda do convento” é unha comedia. Esta tenda está a piques de pechar salvo que ocorra unha milagre. As monxas téñense que adaptar aos tempos novos para superar esta crise. Así, neste santo lugar, pode pasar calquer cousa, desde aparicións marianas, herbas milagreiras, así como amizades perigosas que provocarán máis dunha situación comprometida.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Hai xente que trata de deixarnos unha boa pegada nas vidas. Xente que fai sorrir aos demáis e gozar deses momentos que nos depara a experiencia que é ver unha obra de teatro.

E o sábado deixonos un gusto doce no corpo e na mente cando nos deleitábamos coa obra “ A tenda do Convento” do teatro Xosé María Pérez Parallé. Un equipo unido que pon enriba do esceario non só o traballo ben feito senón tamén o compañeirismo e a ilusión. Nótase a unión que hai entre eles e aínda que o seu director José Bonome non puido estar sabe que a súa ensinanza estivo con eles en todo momento. Porque un director sempre está ahí, apoiando e dando azos. Un home que traslada a súa experiencia e as súas ganas de facer ben as cousas ao seu grupo de teatro, que por certo, é de Fene. E orgullosos nós de telos despois de tempo outra vez no Círculo de Perlío.

Fixéronos, rir emocionarnos e disfrutar.

Moitísimas grazas.