O grupo de Teatro Pérez Parallé representa «Medidas Preventivas» no Casino de Perlío

O día 8 de febreiro de 2020 ás oito da tarde teremos no Casino de Perlío ao grupo de Teatro Xosé María Pérez Parallé.

Este Grupo de Teatro créase a finais do ano 2010 en Fene. Son gañadores de varios premios desde os principios da súa andaina. O seu director desde o ano 2016 é José Bonome.

O ano pasado estiveron neste local representando a obra ”A Tenda do Convento” e o día 8 de febreiro volverán a pasar polo noso local cunha nova obra: ”Medidas Preventivas”.

Esta obra é unha comedia dramática. Está representada en catro pezas onde as doce personaxes enfróntase a distintas situacións da vida real, de momentos pasados, presentes ou futuros. Comportamentos diferentes quizais guiados pola nosa sociedade actual, pola desconfianza que nos leva a situacións diversas , olvidándonos que quen somos en realidade.

Está feita con moita ironía e perfumada con pingas de humor negro.

Animádesvos!!!

 

Grupo de Teatro Pérez Parallé «Medidas Preventivas»

A %d blogueros les gusta esto: