Obra da Asociación Fantasía no C.C.R.D. de Perlío: “Historias e contos da aldea con verbas de Rosalía”

Este sábado 16 de marzo as 19:30 horas temos no Círculo Cultural Recreativo Deportivo a Asociación Fantasía coa obra: “Historias e contos da aldea con verbas de Rosalía“. A entrada e gratuita. 

Pertencen ao teatro aficionado constituido no ano 2016 como grupo de poesía, rexistrandose como Asociación Cultural sen ánimo de lucro no ano 2017. A Asociación Fantasía é un grupo teatral que intercala poesía nas súas representacións, preferentemen-te en lingua galega. 

Van representar unha historia a través dunha escolma de poesía en galego, no que os poemas son de Rosalía de Castro. Unha boa posta en escea, que nos transporta a os tempos de Rosalia.

Unha fermosa interpretación dos sus poemas nas voces dos seus integrantes.

Estaremos alí. Querédesnos acompañar? Non vos defraudará. Veña, espérovos a todos. Haberá un agasallo para cada un de vós.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Eu son libre.
Nada pode conter a marcha
dos meus pensamentos
e eles son a lei
que rexe o meu destino.

Con estes versos de Rosalía de Castro quero agradecer enormemente ao grupo : “Asociación Fantasía” que onte, no Círculo de Perlío tiveron a ben mostrarnos a súa obra: ”Historias e contos da aldea con verbas de Rosalía”

Pepe, Marga, Mari Carmen e Fina, o meu agradecemento.

Fixeron unha obra onde os versos de Rosalía eran os protagonistas, representando unha historia a través dunha escolma dos seus poemas. Os versos ben escollidos . O sentimento con que os ían declamando. Os poemas ás veces tristes, como o “moucho” que representou maxistralmente Marga, facéndonos crer que o moucho estaba alí, enriba daquel penedo, meténdonos o medo no corpo; outras alegres como “un repoludo gaiteiro” onde a voz de Pepe enchía a sala, ou “Adiós ríos, Adiós fontes” emocionándonos coa voz de Mari Carmen.

E si, porque hai que poñer sentimento, e representar os poemas dándolles vida, e chorar con eles ou rir con eles. E encher máis dunha hora cos poemas de Rosalía, estar enriba do esceario facéndoos vívidos para o público é unha labor eloxiable.

Moitas grazas.

Mariola Hermida Romero

Obra da Asociación Fantasía no C.C.R.D. de Perlío: "Historias e contos da aldea con verbas de Rosalía"