Pedro Brandariz no C.C.R.D. Perlío: monólogo dunha das caras máis reconocibles da TVG

O domingo 26 de maio ás 20:00 horas teremos o pracer de recibir no local social do Casino de Perlío en Fene ao actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro,… Pedro Brandariz. Realizará para nós un monólogo cheo de humor e paixón.

A entrada ten un prezo de 8 euros. Venda de entradas ou mesmo día do evento. Toda a recadación irá destinada ao arranxo das pistas de tenis do CCRD Perlío. Agradeceriámosvos enormemente o voso apoio como nos outros eventos organizados para este fin polo CCRD Perlío e a escola de tenis Justo al revés.

Pedro Brandariz

Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes que aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, televisión …

Este artista “de ampla presenza” ten un extenso curriculum teatral e audiovisual. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e sobre todo como monologuista. Dende hai máis de doce anos Brandariz percorre a xeografía galega e peninsular de teatro en teatro, de sala en sala e de bar en bar.

Pero isto non remata aquí pois Pedro Brandariz é unha das caras máis recoñecibles da TVG, grazas á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no exitoso programa Luar da TVG.

Ademáis o actor tamén participou en numerosas webseries, curtas de cinema e pezas experimentais.

Outra das súas dimensións cómicas maniféstase na radio pois ten todos os mércores unha sección de humor en La Ventana de A Coruña de Radio Coruña Cadena Ser, ademáis de ser colaborador da sección Los Cocos da mesma emisora.

Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu …

En definitiva, un actor que bebe de fontes escénicas moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.

 

Pedro Brandariz no C.C.R.D. Perlío: monólogo dunha das caras máis reconocibles da TVG

Os seus espectáculos en solitario máis coñecidos son:

– PGU
– Profundizando na Galiza Profunda
– Familia?, non grazas
– Pai Noso, Padre Nuestro
– Technologies
– Contos e outras andrómenas (espectáculo infantil)
– Os Contos do Grúfalo (espectáculo infantil)

Pero ademáis traballa nas seguntes compañías.
– Cousas Veredes
– Culturactiva
– Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown).
– DINAMOproducións (teatro de comedia e infantil)

E tamén o foi de:
– Teatro do Astracán (teatro de comedia)
– Dous son Compañía (compañía de clown).
– Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa)
– Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil)
– La ImproTK (compañía de improvisación teatral)
– Clowntacontos.
– Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros.

No eido audiovisual destaca a súa participación nos seguintes proxectos:

– Luar (programa de variedades): actuacións semanais
– Malo Será (programa de humor): participación en programas especiais
– Casa Manola (serie episódica): actor de reparto
– Luci (serie episódica): actor de reparto
. Para mariñeiros nós (serie episódica): actor de reparto
– «Peter Brandon, unha vida pola comedia» (webserie): actor protagonista.
– «Galicia Crime» (webserie): actor protagonista
– Antolepsia (webserie): actor de reparto.
– «Radio-Taxi» (serie de humor): actor de reparto
– Buscando Estrelas (concurso humor): concursante (2º clasificado)
– Incomunicados (curta): actor principal
– Koruño, Legado de Hércules (falso documental): actor de reparto
– Pinzitas (curta): actor principal

E tamén fai radio:
– Sección «Nunca choveu que non escampara», no programa La Ventana de A Coruña, de Radio Coruña, Cadena Ser.
– Sección «Os Cocos (Cómicos Coruñeses)» no programa Hoy por Hoy A Coruña, de RadioCoruña, Cadena Ser
– «Ojo Cuidao Live Radio Show»: programa de radio gravado en directo, emitido en podcast e por youttube.