Recital de Poesía de Outono 2019 no Casino de Perlío

Este sábado 26 de outubro ás oito da tarde o C.C.R.D. de Perlío terá un recital de Poesía de Outono da man do Colectivo Literario Moraima. Para pechar o acto o grupo Cantareiras Xerfa nos deleitará coa súas cancións e música.

O Colectivo Literario Moraima xurde no ano 2017 despois dun Obradoiro Literario organizado polo Concello de Fene. Esta agrupación busca promover a poesía en lingua galega e espallar a fala, a cultura e a tradición por toda a nosa comarca. Poñerá as notas para o recital Francisco Alonso coa súa guitarra.

As Cantareiras Xerfa (Airiños de Fene) actúan pola nosa comarca e fóra dela, como Avilés, Llanes, Ribadesella, Segovia, etc. Tratan de recuperar a nosa música tradicional galega e a transmiten dun xeito moi fermoso e con moita calidade.

Estades todos convidados a este Recital de Outono, onde haberá algunha sorpresa para os asistentes.

Por que sen vós estes actos non terían a mesma importancia.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Porque a Poesía cando se recita vólvese máis poderosa.

Porque o valor das palabras alcanza unha etapa florida con cada voz.

Porque ao sentar quedos nos invade unha paz real con cada verso.

Así, onte nos mergullamos nas verbas do Colectivo Literario Moraima.

As notas da guitarra de Francisco Pérez acompañou aos poemas., algúns dedicados ao Outono.

A nosa directiva quedou agradecida de todos eles, Aurora Varela, Enrique Rodriguez, Loreto de Castro, Andrés Rivera, Esther Val, Francisco Pérez.

A hermosa fotografía de Maite Hermida puxo as notas de cor ao acto. A nosa gratitude.

As cantareiras Xerfa se sumaron tamén coa súa música tradicional galega. Tan ben levada.

Elas cantan a nosa historia, elas aman a nosa historia. Elas transportan coas súas voces ao unísono. Son únicas, cantareiras de onte. Cantareiras de hoxe. Sentímonos orgullosos de que pertenzan a o noso Concello.

O noso enorme agradecemento.

E ata pronto.

E grazas a todos os asistentes, porque con vós, todo é posible.