Recollida de alimentos 2019 no Casino de Perlío

O 14 de decembro ás 19:30 horas celebrarase o festival solidario de recollida de alimentos 2019 do C.C.R.D. Perlío.

Como xa é tradición na sociedade recadaremos todo tipo de comida e bebida en favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

Para amenizar a xornada contaremos coa actuación da monologista Silvia Romaus e o concerto de bandurria de Julia Mª Dopico Vale. Tamén se rifará un cadro de José M. Pereiro Maroño valorado en 700 euros para axudar na recadación de fondos de BALRIAL.

Calquera que o desexe pode traer alimentos para esta actividade do 9 ao 13 de decembro, ambos os días incluídos, de 09:00 a 14:00 horas ou o mesmo día do evento.

 

 Recollida de alimentos 2019 no Casino de Perlío