Sardiñada popular 2019 no Casino de Perlío

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) convida a socios, amigos e veciños á gran sardiñada que celebrará o 13 de xullo de 2019 a partir das 21:00 horas no parque contiguo á súa sede social. En caso de mal tempo o acto celebrarase dentro do local social da asociación.

O menú estará composto por sardiñas, cachelos, pan e viño e amenizado musicalmente.

Prezos: os socios 4 euros e os non socios abonarán 8 euros

Esperamos poder contar coa vosa presenza e participación neste acto. Estades todos convidados.

Reservas: c/San salvador 12, Perlio (Fene) – info@circuloperlio.es – 981.340.283

 

Sardiñada popular 2019 no Casino de Perlío