Faite soci@ do C.C.R.D. Perlío
Perlio - Fene - España
Ser socio supón pasar a formar parte da historia da Vila de Perlío
Ademais do uso e goce das súas instalacions, a condición de socio carrexa importantes descontos.
O CCRD Perlío ten por bandeira promover e fomentar o patrimonio social, cultural e deportivo
Fene ao día
Mostrar siguiente
O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío
C.C.R.D. Perlío – Casino de Perlío

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío) constituíuse na Vila de Perlío, termino municipal de Fene (A Coruña) o 18 de agosto de 1959 sendo unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo a promoción de actividades recreativas, culturais e deportivas entre os seus socios e socias, así como para os veciños da parroquia de Perlío.

O obxectivo do C.C.R.D. Perlío é crear lazos de amizade e hábitos saudables entre a comunidade mediante a organización de actividades culturais, recreativas e deportivas que contribúan á dinamización sociocomunitaria da parroquia. Para conseguilo, e co obxectivo de gozar dunha maior flexibilidade, o Círculo de Perlío está dividido en tres secciones (Cultural, Recreativa e Deportiva), as cales gozan, dentro da unidade social, de certa autonomía. Todas as seccións que compoñen o C. C. R.D. Perlío traballan en pos da solidariedade, a educación, o esparexemento e o respecto polo que é de todos.

Os socios e non socios poden ter acceso ás instalacións para realizar eventos privados. Para iso han de contactar coa directiva para obter máis información.

Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0