
A concellería de Cultura do concello de Fene infórmanos dos cambios nas actividades culturais a realizar polo concello no 2020 no salón social do casino de Perlío por mor da pandemia da COVID-19.
En principio as instalacións do CCRD Perlío ían acoller o sábado 3 de outubro a celebración do festival das Ondas e o mércores 30 de decembro o concerto de Nuevo Plan. Non será posible xa que a normativa sanitaria que rexe nestes momentos o impide. As limitacións de aforo e distancia entre cadeiras, fan imposible que as actuacións que previamos teñan lugar no local da sociedade.
Si mantense o venres 2 de outubro a actuación de García MC. As entradas serán de balde e distribuíranse a través da páxina web https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/