Campamento artístico de Nadal 2022 do C.C.R.D. Perlío (Fene)

Campamento de Nadal orientado aos máis pequenos e pequenas no que realizarán actividades variadas que farán que os nenos e as nenas disfruten, compartan, aprendan e gocen do Nadal.

Idade: nados entre os anos 2010 e 2017

Datas campamento: días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro

Horario: de 10:00 a 14:00h

Custo da actividade:
· 35 euros fillos/netos de socios
· 55 euros non socios

A reserva e o seu abono poderase realizar ata o venres 12 de decembro na oficina da sociedade de 09:00 a 13:00 horas de luns a venres.

En caso de non poder desprazarse á oficina reserva vía WhatsApp no 689.930.972

Non se formalizan reservas ata o seu pago integro. Prazas limitadas.

Descargar Ficha inscrición

Campamento artístico de Nadal 2022 do CCRD Perlío

TODOS OS NENOS DEBERÁN LEVAR CADA DÍA O SEGUINTE:

• Os participantes deberán levar cada día do campamento unha mochila cun tentempié ou almorzo para o descanso que se fará a media mañá, consistente en: bocadillo ou froita e bebida.

OS NENOS NON DEBERÁN LEVAR AO CAMPAMENTO:

• Obxectos de valor, como xoguetes, móbiles, cámaras fotográficas, diñeiro, etc… en caso de incumprimento desta norma a organización non asumirá, responsabilidades por deterioración ou perda.

Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0