
Aproveitando a alerta sanitaria que impediu realizar actividades e provocou o peche do noso local social a socios e visitantes procedeuse a realizar obras de reforma. A obra puido levar a cabo grazas a fondos propios da sociedade e ao apoio económico da Deputación da Coruña.
Levantouse o solado antigo do centro do local social. Aínda que a obra en principio só supoñía colocar a nova baldosa cerámica (imitación madeira) tras nivelar o chan, finalmente houbo que picar a superficie antiga, dado o seu mal estado, e colocar o novo solado. Os zócalos pintados antigos que bordeaban a zona substituíronse por zócalos cerámicos a xogo.
Como parte das melloras tamén se lixou e vernizou de novo con varias capas todo o escenario. Neste espazo acometeuse tamén outro cambio, colocando unha rampla de acceso para persoas con discapacidades e dous pasamanos para facilitar a subida e baixada.
Como remate da obra procedeuse a realizar unha desinfección e limpeza profunda a cargo dunha empresa profesional de limpeza.