O sábado 18 de setembro de 2021 celebrarase un ano máis a churrascada final do verán organizada polo Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío para os seus socios. E un evento exclusivo para socios e seus convidados.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, salvo o 2020 debido á pandemia, e se o tempo permíteo, a festa terá lugar no xardín anexo á sede social do Casino de Perlío da rúa San Salvador 12 (Perlío, Fene) a partir das 21:00 horas.
O churrasco estará acompañado de chourizos, patacas, xeado, pan e viño.
Os socios poderán ir á cea acompañados dos seus invitados. Neste caso será o socio do Círculo o encargado de retirar o día do evento as correspondentes tarxetas de reserva. O prezo será de 5 euros para socios, o seu cónxuxe e os seus fillos non emancipados e 10 euros para cada invitado.
Para participar no evento da churrascada é imprescindible reservar no teléfono 689-930-972 (chamada ou WhatsApp) antes do xoves 16 de setembro de 2021. Non se repartirán racións a participantes sen reserva, nin se aceptarán reservas a partir desta data. O evento ten unha cota de participantes limitado.
Á hora de facer a solicitude, deberán facilitar o nome e apelidos co fin de acreditar a súa condición de socios.
A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos. Os participantes poden quitar a máscara no momento do consumo.
