Cocido Entroido 2022 no Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío, Fene)

Cocido de entroido organizado polo Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío para os seus socios. E un evento exclusivo para socios e seus convidados. Será o socio do Círculo o encargado de retirar o día do evento as correspondentes tarxetas de reserva.

O prezo será de 20 euros para socios, o seu cónxuxe e os seus fillos non emancipados e 30 euros por cada invitado.

Dada a actual situación sanitaria o aforo é limitado e os participantes deben reservar previamente praza no 689.930.972 (chamada ou WhatsApp) antes do xoves 24 de febreiro de 2022.

Ameniza DUO HORIZONTE

26 febreiro 2022 – 21:30 horas

  • Sopa de entroido
  • Cocido de entroido
  • Orellas
  • Pan e viño
Cocido Entroido 2022 Casino Perlío
Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0