Explotación do ambigú do local social Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío (C.C.R.D. Perlío)

A directiva, encabezada por Ramón González Pérez, anuncia a apertura do período de aceptación de ofertas dos interesados en facerse cargo do ambigú do C.C.R.D. Perlío. A sociedade espera que o ambigú poida entrar en servizo na primeira semana de abril de 2022.

Para coñecer as condicións débese concertar cita no 689.930.972 vía WhatsApp ou chamada telefónica.
A oferta debe presentarse persoalmente na sede central do C. C. R.D. Perlío (C/San Salvador 12, Perlío, Fene) ata o 15 de marzo de 2022.

O candidato a adxudicatario debe ter experiencia no sector hostaleiro.

Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0