
MEDIDAS DE PREVENCION ESPECIFICAS PARA OS CONCELLOS DE FERROL, NEDA, NARÓN E FENE ORDE do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201031/AnuncioC3K1-301020-2_gl.pdf
LIMITACIÓN DA LIBERTADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infecciones causadas polo SARS-CoV-2. https://boe.es/boe/dias/2020/10/25/pdfs/BOE-A-2020-12898.pdf
- Durante o periodo comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
AGRUPACIÓNS DE PERSOAS PARA A PROTECCIÓN DA SAÚDE
Grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes.
- Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
- Tampouco será aplicable por motivo de asistencia e cuidado de maiores , menores, dependentes ou persoas con discapacidade.
Limítase a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial delimitado de forma conxunta dos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene, agás para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados, dende as 15.00 horas do día 30 de outubro.




