Cancelacións C.C.R.D. Perlío: todos os eventos de decembro afectados pola crise do coronavirus


Debido ao novo paquete de medidas tomadas para a contención do coronavirus en decembro de 2021, o Casino de Perlío informa os seus socios de que os eventos programados para este Nadal quedan suspendidos.

Dado que no momento actual pídese que evitemos os eventos e reunións numerosas cando sexa posible, dados os niveis crecentes de casos de COVID-19, a Xunta Directiva desta sociedade tomou a decisión de suspender todos os actos planificados.

O C.C.R.D. Perlío convidará o a todos/as os seus socios/as a participar en novas versións destes eventos que esperamos realizar cando a situación sanitaria mellore.

Lista de suspensións:

  • Queda suspendida a festa infantil do Nadal prevista no local social do Casino de Perlío a tarde do sábado 18 de decembro coa presenza de Papá Noel e os seus elfos que ían ser acollidos cunha gran festa para que os nenos entregasen as súas cartas. Tamén quedan suspendidos os talleres infantís previstos para esa xornada.
  • Queda suspendido o evento exclusivo para asociados do domingo 19 de decembro de 2021 de 12:30 a 14:30 horas, uns aperitivos do Nadal acompañados da correspondente bebida e panxoliñas no salón social.
  • Queda suspendida a representación teatral do 8 de xaneiro e a recollida de fondos para o Banco de Alimentos.
Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0