
O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (C.C.R.D. Perlío – Casino Perlío) pon en marcha un novo servizo de información mediante WhatsApp para os seus socios, coas noticias e actividades relacionadas co lecer, deporte e a cultura na sociedade.
Con este servizo espérase poder manter unha comunicación aínda máis directa informando de eventos, reservas de prazas ou calquera outra comunicación importante cos nosos socios e familias.
Non se trata dun grupo de WhatsApp, a comunicación será directa unicamente entre a sociedade e o socio.
QUE HAI QUE FACER PARA ACTIVAR ESTE SERVIZO?
Altas
Garde na axenda do seu teléfono móbil o número 689 930 972
Enviar unha mensaxe de WhatsApp coa palabra ALTA ao número 689 930 972 (Non mensaxe sms) indicando nombre do socio do C.C.R.D. Perlío a dar de alta
Recibirá un WhatsApp de benvida.
Baixas
Bastará con borrar o número 689 930 972 da súa axenda de contactos
Ou enviar unha mensaxe coa palabra BAIXA