Programa Tardes Activas 2020-21

Que e?

O Concello de Fene, dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca “Tardes Activas”. Que consiste na realización de diversos obradoiros.

Requisitos:

  • Ter cumpridos os 55 anos de idade.
  • Grupos de 8 persoas mínimo e 10 persoas máximo.
  • Asinar unha declaración COVID-19 antes do inicio da actividade.

Obradoiros

OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA: Onde se realizan actividades encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc., coa finalidade de retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento.

OBRADOIROS DE + MEMORIA: A través de dinámicas de ocio e grupais manterase activa e mente e mellorarase a memoria, a atención, a coordinación, o cálculo, a linguaxe, etc.

OBRADOIROS “RECORDANDO O NOSO”: Consiste en traballar as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica e co obxectivo de facer unha recuperación da memoria histórica da parroquia e do Concello.

ESCOLA DE AVÓS E AVOAS: As persoas participantes noutros obradoiros colaborarán en programas de radio, presentacións nos centros educativos, materiais de recollida etnográfica, creación de roteiros temáticos turísticos ou outro tipo de presentacións, dando así unha implicación comunitaria e interxeracional.

Información

Centro Municipal de Servizos Sociais
Teléfonos: 981 342 607/981 492 706 servizos.sociais@fene.gal

Lugar e data dos Obradoiros

Tardes activas
Casino de Perlío (C.C.R.D. Perlío)
Logo
Comparar artículos
  • Total (0)
Comparar
0