Perla del Río nace en Perlío o día 12.01.2010, arroupada pola AVV de Perlío, que preside Carlos Fernández Sanjuan.
Ao principio eramos un grupiño de xente formado case exclusivamente por mulleres xa que poucos homes animábanse a participar, aínda que o certo é que os que están fanse notar. Actualmente alentamos a este colectivo a que se anime a participar e pasen uns momentos divertidos e agradables connosco.
O primeiro director que tivemos chamábase Daniel Adzmián. Tocaban a guitarra: Xosé, Xaime, Teresa, Luís no contrabaixo, Julia co a bandurria, Paula coa frauta e Sara co violín. Por motivos de estudios, Julia,Paula e Sara, tiveron que deixar a coral.
Nosa estrea foi no ano 2011, o mellor dia que o puidemos facer, o día das Letras Galegas, no C.C.R.D de Perlío e foi inesquecible para todos nos.
A partir de ese día comezamos a nosa andadura polas diversas parroquias do concello, festas gastronómicas….
- Churrascada na AVV de PerlÍo, 2011
- Habaneras de Fene en xulio
- As panxoliñas no Nadal
- San Nicolás de Neda, convidados pola Rondalla Luceros del Alba
- Letras Galegas en Sillobre 2012,convidados pola Coral Agarimo de Sillobre
- Apóstolo Santiago en Ares convidados pola Rondalla Os Trobadores.
- Convidados no verán pola Eterna Xuventud de Fene.
- Día da convivencia convidados polo concello en San Valentín.
- Convidados en Vilalba (Lugo) pola Coral Vilalbesa.
A partir de xuño do 2015, temos novo director que se chama Eusebio López Egea.
Somos un total de 26 integrantes aínda que por motivos persoais é complicado que podamos actuar todos xuntos.
A partir do ano 2015 co novo director, actuamos nos seguentes acontecementos:
- Continuamos a nosa traxectoria pasando por Ourense, concretamente pola Agudiña, Carballiño e As Pontes de Garcia Rodriguez na Xuntanza da federación de Corais de Tecoga.
- No ano 2016, fomos convidados pola Coral Cruceiro de Valón
- No Concello de Fene no verán celebramos o Certame de Habaneiras
- En Nadal xuntámonos todas as corais das parroquias de Fene
- No ano 2016 tamén fomos convidados pola asociación de vecinos de Vilar Maior de Monfero.
RONDALLA PERLA DEL RIO DO C.C.R.E.D. PERLIO
Sr: Presidente/a
Seguir leyendo: