
O sábado 17 de xullo celebrarase un ano máis a sardiñada estival organizada polo Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío para os seus socios. E un evento exclusivo para socios e seus convidados.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, salvo o 2020 debido á pandemia, a festa terá lugar no xardín anexo á sede social do Casino de Perlío da rúa San Salvador 12 (Perlío, Fene) onde a partir das 21:00 horas os presentes poderán degustar este delicioso prato de forma gratuíta. As sardiñas recentemente feitas estarán acompañadas de patacas, pan, viño e xeado.
Para participar no evento da sardiñada é imprescindible reservar no teléfono 689-930-972 (chamada ou WhatsApp) antes do xoves 15 de xullo de 2021. Non se repartirán racións a participantes sen reserva tal e como se aprobou na Xunta Xeral Ordinaria 2021.
A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos. Os participantes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
